Resolve - Solucións estratéxicas, consultoría

 


Traballamos na procura dun entorno mellor

_

RESOLVE é unha empresa adicada á consultoría estratéxica que ofrece solucións a emprendedores, PEMES e organismos públicos, na procura dunha xestión eficiente dos seus recursos.

Dende RESOLVE focalizamos todos os nosos esforzos en contribuír á dinamización do tecido empresarial e ao desenvolvemento de actuacións públicas, que favorezan a creación dun entorno social e económico máis beneficioso para todos nós.

Somos unha consultora de proximidade onde a confianza cos nosos clientes é fundamental para que os proxectos se desenvolvan do mellor xeito posible.

 
Traballamos dende dentro das organizacións, comprendendo as súas  problemáticas, coñecendo as súas inquedanzas e poñendo a súa disposición tódolos nosos recursos, primando a orixinalidade e a innovación dende a definición do proxecto ata a implementación do mesmo.

_